lunes, 18 de octubre de 2010

E TÍ... QUE OPINAS?

Se o meu fillo/a acabara a súa carreira por exemplo de Dereito, eu aconsellaríalle que fixera unhas oposicións e que no caso de que as aprobara que traballara durante un ano mínimo para o Estado. Cando xa teña os seus cartos e haxa aforrado un pouco de diñeiro recomendaríalle montar o seu propio negocio porque ao principio aínda que perda algúns cartos en gastos de material, local, xente para que traballe na súa oficina, ao longo podría ganar o dobre de diñeiro que traballando para o Estado.

Vantaxes desta opción:
Podes gañar máis diñeiro que traballando para o Estado ou para outra persoa.
Eres ti o teu propio xefe polo tanto elixes os horarios, as persoas que van formar parte da túa empresa e demais decisións importantes.

Inconvinte de ser funcionario:
Tes un soldo fixo para sempre o cal podería ser maior se montases o teu propio negocio.

Inconvinte de traballar por conta allea:
Tes un xefe, polo tanto debes cumprir unhas regras e non hai horarios fixos aínda que cobres a final de mes o mesmo.

En resumo, eu aconsellaríalle que a longo tempo monte o seu propio negocio.

No hay comentarios:

Publicar un comentario