Na actividade seguinte que fixemos con fieltro tiña moita relación co cooperativismo, pois se te paras a pensar verás que cada un estabamos facendo o mesmo traballo á vez, e cada un aportaba ás súas ideas, a súa colaboración, imaxinación e incluso axudaba a outras persoas. En resumo, serviume para saber que iso tan simple e sencillo que estabamos a facer é un exemplo de cooperativa.
Na miña opinión esta excursión foi interesante, aínda que a charla pareceume demasiado longa e aburrida, aprendín moitas cousas. Despois, coñecendo os diferentes locais e habitacións do CEI divertinme algo máis e serviume para saber que en calquera momento cando acabe os meus estudos podo ir a montar miña propia empresa con toda facilidade. Tamén para que negalo, o que máis me gustou foi o tempo libre, ¿a que non lle gusta ter un rato libre para facer o que quere? Seguro que todos os que estabamos alí contestaríamos o mesmo ca min, pero tamén afirmo que aprendín moito nas demais actividades. Por último a actividade co fieltro tamén me pareceu divertida aínda que me sigo a preguntar por qué non nos deixaron levar os nosos traballos para a nosa casa. Imaxina que os venden (aínda que bueno, non iban moi ben feitos, así que, non creo que venderan moito) eu quero a miña parte de diñeiro, para algo formei parte da cooperativa ¿non si?.